3/24/2017

Cartas de inverno, de A. Fdez Paz

A verdade, é que aínda que xa lera este libro con anterioridade, fáiseme estraño ver como algo que hai dous anos parecíame incomprensible e lento de ler levoume só unhas horas acabar.
Deste libro gustoume todo, desde a elaboración dos personaxes ata o como che engancha, é unha historia que aínda que parece que empeza como todas (un pouco aburrida) logo non podes deixar de ler.
 O personaxe que máis me gusta é o de Xabier, xa que se arrisca a ir buscar ao seu amigo, o cal está en perigo, arriscando a súa propia vida.
É un libro que ensina a importancia da amizade e dos vínculos tan fortes que podemos chegar a ter con persoas coas que case non falamos.

Por Uxía, 4º ESO


Nesta novela cóntase como un famoso pintor, Adrián Nóvoa, por mor dunha aposta co seu amigo Xabier Louzao, afamado escritor, compra unha casa nunha pequena aldea galega impulsado por un non menos que inquietante anuncio publicitario.
 A través das cartas que Adrián escribe ao seu amigo unha vez instalado na casa, este é coñecedor dos misterios que se suceden ao longo dos meses: chamadas telefónicas e en especial os cambios nun gravado descuberto nunha das estancias da mansión, a cuxas alteracións non atopa explicación e vano atormentando cada vez máis facéndolle mesmo temer pola súa cordura. 
Xabier, lidas as cartas do seu amigo, decide ir na súa procura, non sen antes polo en coñecemento da súa irmá Tareixa. 
Unha vez aí, do mesmo xeito que lle sucedeu ao seu amigo, experimenta a forte atracción que a casa exerce sobre el. 
Cartas de inverno é unha novela de intriga e misterio, ben estruturada, contada por distintas voces, desde un narrador omnisciente ao comezo e final do libro, ata a narración en primeira persoa dalgún dos personaxes. Podemos atopar referencias á arquitectura, mitos e lendas galegas. 
Novela amplamente descritiva, en especial do interior da casa, o que fai que os lectores nos imaxinemos dentro dela con total comodidade. Está ambientada en 1993. 
A miña opinión persoal é que é un libro que atrae desde a primeira frase, gañando en intensidade de forma progresiva ata a última páxina, o que consegue unha lectura moi rápida e amena. No entanto, penso que o final é pouco elaborado, o que contrasta co resto do relato, coidado e moi ben escrito.

Por Pedro, 4º ESO

3/23/2017

Llamando a las puertas del cielo, de J. Sierra i Fabra


Esta historia trata de Silvia, una chica recién llegada al mundo de los adultos que busca las respuestas a todas esas dudas que tenemos cuando nos hacemos mayores y vamos, inevitablemente, adquiriendo responsabilidades.
 Nuestra protagonista, estudiante de medicina, viaja a la India durante un verano para ayudar como cooperante en un centro médico, desacatando así a sus padres y dejando atrás a su novio. Allí aprenderá como ella misma dice, la belleza y magia de la India, la vida de los que no tienen nada, pero sobre todo, le ayudara a encontrarse a sí misma, porque para ayudar a los demás, primero tienes que ayudarte a ti.
 Con ella todos nos podemos sentir identificados, sentimos la frustración de querer y no poder; de desear arreglar el mundo, sin saber qué hacer con nuestras vidas; sentimos esa adversidad entre lo que necesitamos hacer y lo que realmente debemos hacer o, simplemente, lo que los demás esperan que hagamos. 
 Este libro nos habla de la seguridad que nos pueden dar los países occidentales y a la vez, a la inseguridad a la que nos exponen al salir de los mismos. Nada lo describe mejor que una frase que nos adjunta el autor en la primera parte del libro: ‘La diferencia entre la pobreza y la riqueza son ocho horas de vuelo y cincuenta años de historia’. En mi opinión es un libro bastante interesante, para los que, como en mi caso, se estén buscando a sí mismos y lo dan todo por esta causa, ‘para todos los que están en ello, y creen en ello, y darían incluso la vida por ello’.
Por Lara, 4º ESO

El diario rojo de Carlota, de Gemma Lienas

 Este libro combina todas las dudas de unos adolescentes con poca experiencia en el sexo y da respuesta a las que a esta edad pueden surgir.
  La autora lo hace por medio de Carlota, una chica con sentimientos confusos, que quiere probar todas las sensaciones que proporciona el sexo, pero a la vez conociendo todos los aspectos de este. Ella lo hace a través de su diario rojo, donde escribe todas sus incertidumbres, ayudada por las experiencias de sus amigo/as y de Flanagan, que aportará otro punto de vista en su conocimiento más íntimo. 
  En mi opinión, es un libro que todos los adolescentes deberíamos leer como medida de prevención, ya que en una sociedad donde este tema está al orden del día muchos están mal informados o simplemente desinformados. Ya que el sexo y la sexualidad no solo ocurre entre las piernas, si no en el cerebro, ya que es una forma de conocerse a sí mismo y de demostrar amor, no entiendo cómo es posible que sea un tema tabú en nuestra sociedad, pero en cambio, hablemos tan abiertamente de las guerras.
Por Lara, 4º ESO

Beethoven, el músico sordo, de Patxi Irurzun


Escogí este libro, principalmente porque trata sobre uno de los más grandes compositores de todos los tiempos. Aunque, también lo escogí por la editorial. Ya había leído un par de libros de esta editorial cuando era pequeña y me encantaban. Pero después, leyéndolo se me hizo un poco pesado e interminable. Me gustó la forma en la que estaba narrado, pero para niños más pequeños.
 He de admitir que Beethoven tuvo una vida… Bastante ajetreada. Siempre de una lado al otro, componiendo como si fuera respirar, teniendo como maestro a uno de los grandes, Mozart, y codeándose con lo mejorcito de aquella época. Beethoven fue uno de los compositores más representativos del clasicismo, fue tan brillante, que los siguientes después de él, tuvieron que empezar otro movimiento, el romanticismo. Tuvo la peor maldición para un músico: quedarse sordo.
Paula, 4º ESO

O raio veloz, de A. Fdez Paz

Hei de admitir, que pensei que ía ser moito máis aburrido do que resultou ser. A min parecíame un libro un pouco infantil, en comparación ao que estou afeita ler, pero ten unha boa trama, ademais dun pouco misterio que che atrae ata o final.
Quen o ía a dicir, o protagonista acaba atopando un traballo no que está contento, aínda que si traballase nalgún emprego sobre a carreira que estudou, podería gañar máis. O que nos indica, de xeito un pouco sutil, que non todo nesta vida é o diñeiro. E tamén atopa o amor, malia que o protagonista pensa que logo da súa última ruptura, non vai atopar o amor. É unha boa historia para pasar unha tarde agradable.
Por Paula, 4º ESO

Corredores de sombras, de A.Fdez Paz

  Corredores de sombras é un libro que nos leva a unha época moi diferente da que hoxe vivimos, unha época de guerras, de fame, de morte? Un libro de misterio, pero tamén de crítica social que nos fai darnos conta de que, entre feitos realmente tristes, podemos ser felices e, ata, namorarnos.      Personalmente é un libro que me gustou, porque me fixo pensar en que, como lle ocorre á protagonista, vives situacións difíciles e pareces non atopar alguén que che axude a buscar unha solución, nin sequera a túa familia. É unha novela que non volvería ler precisamente, polo tema que trata.
Por Lara, 4º ESO

A neve interminable, de A. Fdes Paz

É un libro que non podes deixar de ler. O final é un pouco esperado debido a que van revelando datos ao longo da historia pero aínda así ten algo que che engancha.
 Ao principio os amigos vense obrigados a ir ao hostal para crear e pensar unha serie, pero o que non saben é que os sucesos que lles pasasen alí vanlles a quitar o soño e as ideas sobre a produción. Cada día que pasa van coñecendo aspectos raros do pobo no que se hospedan debido á prolongación da visita por unha forte nevada. O que non se esperan é que ao final a xente máis peculiar é a que estivo con eles convivindo e os que falaban con eles. 
Pareceume un libro que engancha e que nunca pensei que me gustaría e recomendaríallo a moita xente. 
Por Yanira, 4º ESO