5/25/2015

97 formas de decir "te quiero", de J. Sierra i Fabra

Este libro comeza un pouco apurado. O protagonista, despois de tanto axetreo na cidade, vaise a un parque e séntase nun banco, onde ten unha visita un pouco... rara. A súa visitante é Daniela que ven compartir o banco con el. Esta rapaza cóntalle unha historia na que os dous están conectados no mais alá. Todo ocorre moi rápido e a vida do rapaz cambia por descansar un día desa axetreada vida da cidade. As dúas historias están conectadas polo amor que transmiten ambas. É un libro xenial que me encantou, aínda que o final non me acaba de convencer, pero sí recomendo a súa lectura porque me pareceron unhas historias de amor preciosas. Se che gustan as historias románticas, recoméndocho! Por Lucía, 3º ESO

El ciclista, de Tim Krabbé

O protagonista desta historia é o ciclista Tim Krabbé que se aventura a correr o Tour de Mont Aigoul .Vai contando por etapas o que lle vai sucedendo e as amizades que fai cos demais ciclistas e os momentos máis duros. Nunha das etapas máis duras marcharon na fuga él ,Kleber e Lebusque: foron acompasando ao ritmo da carreira e cambiando o desenrolo para poder subir mellor os portos de montaña. Ao final ,a poucos quilómetros da meta , flaqueándolle as forzas, e non podedes imaxinar o que vai acontecer. Despois de deixar a súa carreira profesional, aventúrase no periodismo.
 Por Roberto, 3º ESO

El diario azul de Carlota, de G. Lienas

Neste libro, a protagonista Carlota fálanos sobre a violencia de xénero e a violencia no ámbito escolar. Coa axuda da súa nai, do seu pai e do de seu irmán Marcos vai encontrando noticias sobre violencia. Tamén a súa tía Octavia pásalle información para que poida ir escribindo no seu diario. Carlota, a través dun blog, coñece un rapaz, que sofre violencia escolar e ela intenta axúdalo dándolle consellos. Carlota ten unha amiga que se chama Mireya, que empeza a saír cun rapaz que se chama César. Ao principio todo ía ben, pero despois dun tempo, Mireya deixa de andar con Carlota e co resto das amigas. Todo o tempo estaba con César. O que lle pasaba a Mireya con César era que el a maltrataba psicolóxicamente, pero ela no se daba conta a pesar de que Carlota a avisara. Un día nunha festa Mireya estaba bailando cun rapaz da súa clase, entón César empezou a pegarlle ao rapaz e cando os separaron, el insultouna e pegoulle un empuxón. Foi cando Mireya se deu conta e o deixou. A raíz de aí César empezou a acosar a Mireya, pero grazas a Carlota e ao resto das amigas estivo protexida. Ata que un día no instituto César atacou a Mireya e apareceu Carlota,chamou aos profesores e poidéronno reducir, e así expulsaron a César e MIreya poido refacer a súa vida.
 Por Gara, 3º ESO

5/18/2015

El oro de los dioses, de J. Sierra i Fabra

Marc es un chico de tan solo 17 años que se entrena seriamente como corredor profesional.Él quiere llegar a las Olimpiadas,como había hecho su padre veinticinco años antes.
Marc no sólo quiere llegar, si no que quiere ganar la medalla que no pudo ganar su padre.
Pero y¿si resultase que la carrera en la que corrió su padre en 1972 no fuera una carrera limpia?¿y, si el vencedor de la prueba estuviera dopado?
Todo esto sale ahora a la luz y el daño que provoca esto en Marc, hace que no sólo quiera proclamarse vencedor si no que por la ira que guarda,quiera recuperar la medalla injustamente arrebatada a su padre.
Este libro me gustó mucho,así que os lo recomiendo.
Por Gara, 3º ESO

As aventuras de Said e Sheila, de Ramón Caride

Neste libro cóntanse as historias de dous irmáns da época futura que viven unhas sorprendentes e arriscadas aventuras .
Saben que o futuro non é algo inevitable, senón algo por construír, e así o demostran en cada unha das súas viaxes do futuro ao pasado, e desprázanse no seu tranportador, é dicir, no seu  coche do futuro por todo o planeta.
Viven nunha aldeiña galega conectados ao mundo a través do seu ordenador.
Os dous irmáns e máis os seus amigos, van a enfrontarse en estas aventuras a aqueles que queren dominar o planeta .
Este libro gustoume moito , recoméndovolo!!!!!
Por Carlos Aitor, 3º ESO

La ciudad de las bestias, de I. Allende

Este libro conta a historia dun neno de 14 anos que pasa por problemas familiares e que é enviado a Nueva York xunto a súa avoa chamada Kate Cold. Ela ten preparada unha viaxe ao Amazonas, así que non queda outra que irse os dous para alí.
Nese destino coñecerán as tradicións dun mundo misterioso, aos codiciosos buscadores de ouro, algúns chamáns e as orixes desa terra perdida. Traballarán xunto a un exótico equipo de exploración composto por un famoso investigador, unha doutora, un home nacido alí xunto a sua filla Nadia, e máis o axudante do investigador. Por desgracia, atoparanse cun codicioso empresario que quere cerrar un gran negocio, aínda que teña que facer calquera cousa para conseguir o seu propósito.
Por Thor, 3º ESO

5/10/2015

Luna nueva, de St. Meyer

O libro é a segunda parte de Crepúsculo. Esta comeza coa festa de cumpreanos de Bella que xa cumpre 18 anos. Ao abrir un regalo ,Bella córtase nun dedo e empeza a sangrar. O irmán de Edward,chamado Jasper, tratou de atacala, pero Edward defendeuna.
Ao cabo duns días ,Edward e Bella quedan no bosque e alí el confésalle a Bella que non pode seguir coa relación.
 Ela atópase destrozada, non lle encontra sentido á vida. Durante varios meses estivo deprimida. Un día, cando Bella ía conducindo o seu automóbil, observou unhas motos vellas nunha casa abandonada e pensou que sería boa idea aprender a conducilas. Necesitaba amañar as motos e recurriu a Jacob  Black.
 O libro ten un final moi curioso que non vos podo contar.
Por Roberto, 3º ESO

Memorias de un amigo imaginario, de M . Dicks

Este libro trata dun neno chamado Max. É moi cohibido e moi tímido digamos que lle gusta a soidade. Ao colexio sempre vai atento por se alguén lle di algo, porque el nunca sabe que dicir nin que facer nese momento. Só confia nunha persoa a quen lle conta todo : o seu mellor amigo, Budo.
Aínda que pareza sorprendente non existe, é dicir, está só na cabeza de Max e só el pode velo e falar con él. Os dous levánse como irmáns m edraron xuntos, aprenderon as mesmas cousas ,e sempre vai un ao lado do outro .
Max coñece a unha nova compañeira e parecen levarse ben, pero no último momento , Budo dase conta de que a súa nova amiga tamén ten un amigo imaxinario .
A partir deste momento comeza unha nova historia .

Jose Luis , 3º ESO

Iqbal Masih lágrimas, sonrisas y coraje

Este libro conta a historia dun neno paquistaní que traballa dende moi cativo nunha fábrica de alfombras. O neno de tan pouca idade, rebélase contra o sistema e a explotación infantil, creando así unha luz de esperanza para nenos co mesmo problema que él. O libro en sí é moi bo, pero a historia é moi profunda e faiche pensar na sorte que temos algúns, que a pouco que teñamos, xa temos máis que outros.
gústoume sobre todo a historia, pero o formato do libro é moi bo e nunca vin un igual: moitos falan da historia e da súa visión.
Ás veces pódeste líar un pouco ao lelo, pero ao final rematas enganchándote a él, o único que me "defraudou" foi o final, pero sabendo como vai o mundo, era de esperar.
Desexo que vos guste e recomendo lelo.

Por Lucía, 3 ESO

Para saber máis:

Hyde, de David Lozano

Este libro trata sobre un grupo de estudantes de secundaria que son escollidos para ir a unha excursión rural. Esta consiste en pasar unha semana nunha casa rural, sen aparatos electrónicos.
O obxectivoé a incitación á lectura, pero o que en realidade provoca é a agresividade entre os estudantes e a caza entre eles. Aínda que eles no o saben, todos poden ser transformarse no asasino, e mentres, un profesor psicópata disfruta do xogo.
Por Thor, 3º ESO

Nunca olvides las letras de mi nombre, de C. Murciano

Este libro conta varias historias aínda que  todas queren transmitir o mesmo: un neno que quere homenaxear ao seu avó morto, unha rapaza que faise cargo dos seus irmans, o amor entre dous mozos que parece imposible...
Eu recoméndoche que o leas porque para min foi un dos mellores libros que lin, porque trata varios temas: amor, desamor, comedia, drama...
As historias que recolle este libro son moi bonitas. 
Vólvovolo a repetir ¡¡¡¡¡¡ Recoméndovolo!!!!!
Por Carlos Aitor, 3º ESO

Brumas de octubre, de Lola Gándara

Este libro cóntanos  a historia dun rapaz de 14 anos que entra novo no instituto. O primeiro día ía moi nervioso porque non coñecía a ninguén.Cando chegou á porta  encontrouse cun rapaz ao que chamaban "El Rojo" porque era rubio. Con el fixo moi boas migas dende o principio e fixéronse moi amigos.
"El Rojo" era moi popular no instituto xa que repetira curso e montaba moitas liortas. Miguel, con "El Rojo" e o resto da pandilla, foron superando as adversidades do curso,os problemas cos seus pais,os problemas amorosos ...E todo iso, grazas a amizade .
Este libro gustoume moito porque ademáis de ser moi entretido, recórdache que unha boa amizade é para sempre.
Por Gara, 3º ESO

5/06/2015

El diario azul de Carlota, de G. Lienas

Este libro trata de ensinarnos os síntomas sobre a violencia de xénero, que é o que non se debe permitir nunca nunha relación e cóntanolo en forma de novela, cun personaxe que está sufrindo esa violencia, outro protagonista que está a exercela, e os personaxes secundarios que intentan axudar á vítima.
A min resultoume un libro moi fácil de entender, cunhas instrucións bastante aceptables e moi entretido.
Por Sara, 3º ESO